A CEA

A CEA

Editorial:
GALAXIA GUTENBERG
Año de edición:
Materia
Lectura
ISBN:
978-84-9865-463-9
Páginas:
328
N. de edición:
1
Idioma:
Español
Disponibilidad:
Disponible en 1 semana

Descuento:

-5%

Antes:

18,70 €

Despues:

17,77 €

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2011
A novela relata o encontro de dous matrimonios -dous irmáns e cadansúa muller- que quedan para cear nun restaurante fino. Falan de cine e plans de vacacións, eludindo ata o final o tema que os levou alí: o futuro dos seus fillos Michel e Rick, de quince anos. Estes fixeron algo que lles pode desgrazar a vida para sempre. Paul Lohman, o narrador e pai de Michel, quere o mellor para o fillo. E para iso está disposto a facer o que faga falla. O seus compañeiros de mesa teñen tamén os seus propios propósitos ocultos. Durante a cea saen a relucir emocións, conflitos latentes entre os irmáns, ata que, por último, chegan ao punto no que teñen que tomar unha decisión transcendental.
Herman Koch narra cunha finura e unha agudeza verbal extraordinarias unha historia de amor incondicional, de violencia e de traizón. Os verdadeiros motivos persoais de cada un dos personaxes desvélanse pouco e pouco, polo que o lector se ve obrigado a posicionarse moralmente ao longo da narración.
A cea é unha novela provocadora e unha ácida crítica social.

Autor
Herman Koch (Arnhem, 1953) é un dos escritores máis destados de Holanda. Amplamente coñecido polos seus libros, a súas columnas nos xornais e o seu traballo de actor na televisión, publicou en 1985 a colección de relatos De voorbijganger. De 1989 é Red ons, Maria Montanelli, á que seguirían Eten met Emma (2000), Odessa Star (2003), Denken aan Bruce Kennedy (2005), e Zomerhuis met zwembad (2011). Con A cea obtivo en 2009 o Premio do Público e a novela foi escollida como Libro do Ano en Holanda.