Descuento:
-5%Antes:
Despues:
14,25 €Este libro analiza con detalle a situación a que se chegou co desastre do novo hospital de Vigo e sitúa este relato no contexto galego, estatal e internacional. Os seus autores son persoas con gran compromiso social e recoñecidos coñecementos e experiencia sobre o tema. Tamén aportan e propoñen alternativas para dar saída á problemática creada con este proxecto cheo de irregularidades. É un libro excelente que nos incita a todos a seguir loitando e traballando polo dereito á saúde e para que os intereses da poboación prevalezan sobre os das multinacionais, dos especuladores e das tramas que queren facer negocio e lucrarse de forma indecente a expensas dos orzamentos públicos, mesmo poñendo en risco a continuidade do actual sistema sanitario.