Descuento:
-5%Antes:
Despues:
15,20 €Dende a Garita de Herbeira, na serra da Capelada, a vista pérdese ó lonxe mesturada co mar, a escuma e o horizonte. Dan ganas de voar e mergullarse alá abaixo, ó fondo de todo.Ata aquí cheguei. Ata aquí. Fuxindo. Non sei por qué, só un recordo presente. Como se toda a miña vida se tivese esvaecido e só permanecese unha imaxe. A imaxe dun home que está a asfixiar. Queda, paseniñamente, lémbrome del. Case quere fundirse nunha esperanza inquebrantable coma as miñas ilusións, réprobas de inquedanza. Soamente alcanzo a ver o seu rostro entre unhas bágoas noxentas, noxentas do non ser. O final absoluto, preto, moi preto e moi absurdo está aí diante, a un só paso. Ambos os dous somos agora un.Dende a Garita de Herbeira, na serra da Capelada, a vista pérdese ó lonxe mesturada co mar, a escuma e o horizonte. Dan ganas de voar e mergullarse alá abaixo, ó fondo de todo.***"As caricias da baraza" é unha obra escrita por Federico Iglesias Fernández no ano 1997. A presente edición do 2021 recupera o texto orixinal, engadindo unha portada e interior actualizados, para desfrute dos lectores. Unha novela en galego que afonda na condición humana, as súas miserias e grandezas, a través da mirada dun médico de cabeceira na Galicia de finais do século XX. Cunha prosa directa e fonda, o doutor Francisco García Oitavén conta a súa propia historia, vencellada ás dos seus pacientes, mostrando o lado máis fermoso e escuro da existencia propia e allea.