MAXINA OU A FILLA ESPUREA

MAXINA OU A FILLA ESPUREA

Editorial:
GALAXIA GUTENBERG
Año de edición:
Materia
Lectura
ISBN:
978-84-9151-643-9
Páginas:
216
N. de edición:
1
Idioma:
Español
Disponibilidad:
Disponible en 10 días

Descuento:

-5%

Antes:

25,00 €

Despues:

23,75 €

A edición desta obra contou co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e coa colaboración da Real Academia Galega. Dixitalización do manuscrito realizada por: Unayta (www.unayta.es) En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e Caitán, xunto ao seu medio irmán Ermelio, afillado de Salvio, o señorito de Rebordán, namorado e pretendente de Otilia. O azar folletinesco acabará permitindo coñecer a orixe de Maxina, descubrir o autor da violación, proclamar a inocencia de Otilia e saber do futuro de Maxina, localizándose a acción entre 1850 e 1868 nas, para o autor, queridas paisaxes da Ulla. Nesta edición ofrécese un texto actualizado, para facilitar o acceso á súa lectura, e acompañado coa reprodución facsimilar caligráfica do manuscrito orixinal realizado en 1870 e depositado nos arquivos da Real Academia Galega.